martes, 30 de noviembre de 2010

MARATON BARCELONA 06-03- 2011 DIARIO DE ADESTRAMENTOS

http://www.maratobarcelona.es

DIA 29 DE NOVEMBRO ( LUNS )
Hoxe comencei os adestramentos. Será unha semana de carga. MICROCICLO 1.

Estiven trotando entre o Campo da Feira, Paseo Marítimo, Barro e outra vez polo Paseo Marítimo. Distancia percorrida 12 km 20 mts a un ritmo medio de 5´19 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:03:49 minutos. Calorías consumidas 887.
Acompañáronme CONGUI e OSCAR

As sensacións foron boas. Non tiven molestias na perna. Esperemos que a acumulación de adestramentos non pase factura a miña cadera.
DIA 30 DE NOVEMBRO ( MARTES )
2º día de adestramento. Hoxe tocaba outra vez un trote de 12 km. O adestramento discurriu entre o Campo da Feira, Paseo Marítimo, A Barquiña e outra vez polo Paseo Marítimo. A distancia percorrida foi de 13 km 120 mts a un ritmo medio de 5´14 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:08:33 minutos. Calorías consumidas 962.
Estiven acompañado no trote por CARLOS, PELIS, POLO, OSCAR, CONGUI, TONO CHISPA....
As sensacións foron boas. De feito deixeime levar e fixen 1 km de propina.
O Mércores toca o primeiro descanso deste MICROCICLO.
DIA 02 DE DECEMBRO ( XOVES )
3º día de adestramento. A pesares do frío intensísimo que facía, xuntámonos un grupo bastante numeroso ( CARLOS, PEPE RIAL, MARIO, FONTENLOS, CHUCHU, OSCAR, CONGUI, POLO, MOAS... ). Tiña que facer outro trote de 12 km. O percorrido de hoxe discurríu entre o Campo da Feira, Obre, Ponte de Argalo, Ponte de San Francisco, San Breixo e volta de novo ó Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 13 km 470 mts a un ritmo medio de 5´06 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:08:37 minutos. Calorías consumidas 995.
As sensacións foron boas. Hoxe voltei a excederme demáis un km e ......
Mañá, Venres, toca xornada de descanso.
DIA 04 DE DECEMBRO ( SABADO )
4º día de adestramento. O percorrido de hoxe foi un pouco rompepernas e tamén un pouco accidentado. Estiven acompañado por CONGUI, PEPE RIAL, FRAN MOAS E OSCAR. Mentras eles foron a Tállara por Portobravo eu fun pola Peña. O motivo de ir polo outro lado foi debido a que cando ibamos por San Bernado, tiven que volver ó Parque da Feira a buscar a PEPE. Ó final él no veu e tiven que tirar eu só pola outra beira. Xuntámonos en Marracín. Dende alí viñemos xuntos para Noia por Tállara. Segundo marcou o meu GARMIN; a miña distancia percorrida foi de 15 km 10 mts a un ritmo medio de 5´04 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:16:03 minutos. Calorías consumidas 1109.
A pesares de haber bastantes costas as sensacións foron boas aínda que debería ir un pouco máis despacio durante o tempo que fun só.
O que me quedou claro hoxe é que os días que faga distancias largas fareinas sempre acompañado..
Remata a primeira semana deste 1º MICROCICLO. Mañá Domingo é día de descanso.
DIA 06 DE DECEMBRO ( LUNS )
5ºdía . Hoxe empeza a segunda semana de carga. MICROCICLO 2º. Consta de facer trotes de 12 kms en cada un dos adestramentos desta semana. O ritmo ten que ser entre 5´00 e 5´30 minutos o kilómetro. O percorrido de hoxe transcurríu entre o Campo da Feira, Obre Pequeno, Ponte de Argalo e volta de novo ó Parque da Feira. Estiven acampañado por CONGUI e LOPEZ. A distancia percorrida foi de 12 km 190 mts a un ritmo medio de 5´30 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:09:19 minutos. Calorías consumidas 894. As sensacións de hoxe non foron nada boas. Onte foi día de festa e o corpo non estaba para moitos trotes.
DIA 07 DE DECEMBRO ( MARTES )
6ºdía. Pésimo día para entrenar. Houbo moitísima choiva. Descargou unha enorme tormenta que fixo que nos tremera o corpo enteiro. O percorrido de hoxe transcurríu entre o Campo da Feira, Paseo Marítimo, Eroski e volta de novo ó Parque da Feira. Estiven acompañado por PEPE RIAL, TONO CHISPA, OSCAR e MANOLO LOURO. A distancia percorrida foi de 8 km 330 mts a un ritmo medio de 5´23 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 44:47 minutos . Calorías consumidas 616. O tempo metereolóxico fixo que non cumplira os obxetivos do adestramento. Maná intentareino compensar.
DIA 08 DE DECEMBRO
( MERCORES )
7º día. Ó contrario de onte hoxe sí que fixo unha moi boa mañá para adestrar. O percorrido de hoxe transcurríu entre o Campo da Feira, Paseo Marítimo, Agra de Barro, outra vez Paseo Marítimo e Obre pequeno. Estiven acompañado por LOPEZ, FARRUCO, JUAN RAMON e SANTI. A distancia percorrida foi de 14 km 700 mts a un ritmo medio de 4´58 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01;08:03 minutos. Calorías consumidas 879. As sensacións de hoxe foron boas. Esto parece que vai por bo camiño.
DIA 09 DE DECEMBRO ( XOVES )
8ºdía. Hoxe xuntámonos un grupo moi numeroso. Estabámos MARIO, CARLOS, POLO, PEPE RIAL, SECHU, TONO CHISPA, CONGUI...Estivemos durante 20 minutos no Campo da Feira e despois saímos a facer o circuito da Barquiña. A distancia percorrida foi de 13 km 700 mts a un ritmo medio de 5´00 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:08:30 minutos. Calorías consumidas 865. Fixemos 5 kilómetros entre 4´25 e 4´40. Subindo a costa perto do Colexio da Barquiña empezei a ter molestias na perna. O chegar a casa fixen bastantes estiramentos e notei un gran alivio.
DIA 11 DE DECEMBRO ( SABADO )
9º día. O Sábado é o día para facer un trote máis largo. Xuntámonos no Campo da Feira FRAN MOAS, PEPE RIAL, CONGUI e JUAN RAMON. Fomos pola Peña arriba, Merelle, Cruce de Tállara, Marracín, Portobravo, A Rasa e volta de novo para o Campo da Feira. Fixo unha temperatura bastante alta para adestrar. Había uns 19º graos. A distancia percorrida foi de 15 km 470 mts a un ritmo medio de 05:10 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:20:00 minutos. Calorías consumidas 1141. Os primeiros 5 kilómetros eran todo subida e oscilaron entre 5´30 e 5´15. A partir do 6 ata o final andivemos entre 4´55 e 5´08. O kilómetro 11 fíxeno en 4´28 ( e o que vai dende a Casa da Pradera - Marracín - ata a estrada que leva ó Concello de Lousame ). Seguín notando molestias na perna sobre toda nas costas. Toca recuperación e tratamento co COMPEX. O Luns empeza unha semana forte de carga.
DIA 13 DE DECEMBRO ( LUNS )
9 día. Hoxe empeza o 3º MICROCICLO de carga. Toca alternar esta semana trotes de 12 km e circuitos de costas. Xuntámonos no Campo da Feira unha chea de corredores, FRAN MOAS, PEPE RIAL, CONGUI, CARLOS, POLO, TONO CHISPA, SECHU, OS DUATLETAS ..... Saímos cara o Paseo Marítimo, Barquiña, Eroski, Agra de Barro, Paseo Marítimo e volta de novo ó Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 13 km 280 mts a un ritmo medio de 05:14 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:09:34 minutos . Calorías consumidas 978. Ata o km 8 fomos a ritmos de esquezemento entre 05:23 e 5:18. A partir do 8 ata o final fixemos km en ritmos progresivos e controlados entre 04:54, 04:47 e rematando en 04:34. As sensacións foron boas. Agora pola noite toca sesión de estiramentos e de COMPEX .
DIA 14 DE DECEMBRO ( MARTES )
10º día. Hoxe tiña que facer outro trote de carga de 12 km. Coma sempre reunímonos no punto de saída do Campo da Feira unha morea de corredores, FRAN MOAS, PEPE RIAL, CARLOS, POLO, TONO CHISPA, SECHU, TONO, FONTENLOS, BARTOLO, HECTOR .... Salientar que hoxe faltou CONGUI.
Saímos cara San Breixo, Argote, Ponte de San Francisco, Sobreviñas, Ponte de Argalo, A Chainza, Obre, Campo de Noia e volta cara o Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 12 km 30 mts a un ritmo medio de 05:11 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:02:23 minutos. Calorías consumidas 889.
Fixemos 4 km de esquezemento entre 05:25 e 05:30. A partir do km 5 os ritmos foron os seguintes :
KM 5 : 05:11
KM 6 : 04:58
KM 7: 05:04
KM 8 : 04:45
KM 9: 04:44
KM 10 : 04:44
KM 11 : 04:25
KM 12 : 04 :15
As sensacións foron boas. Subindo polo Mercadona cara o Campo da Feira notei unha sensación rara no isquio da perna esquerda. Baixei inmediatamente o ritmo. A facer estiramentos e Compex. Mañán Mércores, toca descanso
DIA 16 DECEMBRO ( XOVES )
11 día. Hoxe empezaba o adestramento de costas. Quedei con SEGUN no Campo da Feira. Eu empecei 10 minutos antes. Unha vez que chegou, trotamos xuntos 12 minutos e fómonos para facer o circuito de costas. Empezamos subindo o Couto, baixamos polo Centro de Saúde, imos cara a fonte de San Breixo e subimos esa costa ata o Couto. Baixamos polo Monte do Bolo, subimos por Correos, Rúa A Corredoira ata chegar ó Ponte de Traba. Aí iniciamos unha segunda tirada de costas co mesmo percorrido co anterior. Rematada esta volta, imos cara a Avenida da Coruña pola Rúa Corredoira. Chegado ó CONSUM xiramos cara Xilvir pola Calzada. Damos volta e ímonos para o Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 14 km 48 mts a un ritmo medio de 5´11 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:12:49 minutos. Calorías consumidas 986.
Fixo bastante frío e tiña medo como me iba a responde-la perna tra-las molestias do Martes. Corrín con un pouco de medo. Ó remate do adestramento moitos estiramentos nos isquios e sesión de Compex. O Venres hai descanso.
DIA 18 DECEMBRO ( SABADO )
12 día. Hoxe tiña que facer un trote un pouco máis longo dos que viña facendo estos días anteriores. Quedei no campo da Feira con CONGUI e SEGUN, dous compañeiros que tamén van participar na Marató. Estivemos trotando uns 20 minutos e despóis fomos a Barro polo Paseo Marítimo. O chegar o HOTEL PARK collemos á dereita cara a Agra de Barro, Caredu e de novo para o Paseo Marítimo. Ó chegar a grúa fomos ata o Obre pequeno. Demos volta por onde está Ferro e rematamos indo de novo para o Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 15 km 310 mts a un ritmo medio de 5´14 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:20:01 minutos. Calorías consumidas 1127. As sensacións están a ser boas. Son ritmos moi cómodos para facer os trotes.
DIA 19 DECEMBRO ( DOMINGO )
13 día. Hoxe participei na carreira MEMORIAL PEPE BUCETA en Boiro. Era un percorrido de dificultade media/baixa de 8 km 200 mts. Fixen a carreira acompañado de SECHU, SEGUN e MARIO. Os parciais da carreira foron os seguintes
KM 1 ----- 4´34
KM 2 ----- 4´28
KM 3 ----- 4´33
KM 4 ----- 4´37
KM 5 ----- 4´26
KM 6 ----- 4´38
KM 7 ----- 4´33
KM 8 ----- 4´21
O ritmo medio por kilómetro foi de 4´30. As sensacións foron boas. Encontreime moi cómodo en eses ritmos. Decidín no ir máis rápido para evitar posibles lesións. Aínda queda moito por adestrar.
DIA 20 DECEMBRO ( LUNS )
14 día. Hoxe tocaba trote de recuperación. Xuntámonos no parque unha chea de corredores, CARLOS, CONGUI, FONTENLOS, TONO, TONO CHISPA, FRAN MOAS, POLO, PELIS..... Saímos coma sempre do Campo da Feira e fomos ata a Barquiña, polo Paseo Marítimo. A distancia percorrida foi de 13 km 750 mts a un ritmo medio de 5´18 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 01:12:51 minutos. Calorías consumidas 1012. As sensacións están a ser boas. Cada día que pasa atópome mellor.
DIA 21 DECEMBRO ( MARTES )
15 día. Hoxe tiña que facer outro trote de recuperación. Coma sempre quedamos no parque un montón de xente, CARLOS, CONGUI, FONTENLOS, TONO, TONO CHISPA, PEPE RIAL, PELIS, SECHU,.... Saímos do Campo da Feira ata San Breixo, Argote, Ponte de San Francisco, Sobreviñas, A Peña e Ponte de Argalo. Eiquí douse media volta e foise ata a Chainza, Obre pequeno e volta de novo cara o Parque. A distancia percorrida foi de 11 km 370 mts a un ritmo medio de 4´54 minutos/kilómetro. Tempo total de adestramento 55:43 minutos. Calorías consumidas 745. As sensacións foron moi boas. Noto que estou a coller a forma. Mañá hai descanso.
DIA 23 DECEMBRO ( XOVES )
16 día. Hoxe quedei con SEGUN e PELIS para facer un circuito de costas semanal. O percorrido foi de 13km 470 mts.. O tempo total de adestramento foi de 01:08:03 minutos. A pesares da chuvia intensa que tivemos as sensacións foron boas. Cada día entronome mellor.
DIA 24 DECEMBRO ( VENRES )
17 día. Hoxe tivemos o tradicional trote de Nadal. Consiste en dar á Volta por PONTENAFONSO. Coma sempre quedamos no Campo da Feira para sair. Eramos 60 corredores. Coido que foi o ano no que participou máis xente. Íbamos a un trote moi suave para que non quedara ningúen descolgado. O chegar a Noia eu quedei no Campo da Feira a facer 10 minutos máis. O tempo total de adestramento foi de 01:20 minutos. Hoxe foi un dia especial polo que o adestramento sirviu só para facer carga de kilómetros. !! BON NADAL !!!
DIA 26 DECEMBRO ( DOMINGO )
18 día. Quedei no Campo da Feira con CONGUI e CARLOS. Maís tarde chegaron OS IRMANS VILAS, TUCHO e CHITO. Decidimos ir ata a OUTES, facer un circuito que teñen eles por alí e voltar de novo para Noia. Fixemos 4 km de trote sobre 5´20 minutos/km ata Ribademar. A partires de alí os ritmos kilómetricos foron os seguintes :
KM 5 ..... 4´53
KM 6 ..... 4´38
KM 7 ..... 4´47
KM 8 ..... 4´52
KM 9 ..... 4´42
KM 10 ... 4´51
KM 11 ... 4´46
KM 12 ... 4´28
KM 13 ... 4´30
KM 14 ... 4´54
KM 15 ... 4´36
KM 16 ... 5´13
KM 17 ... 4´48
KM 18 ... 4´15
KM 19 ... 4´17
Eu decidín ir ò meu ritmo porque había unhas gacelas impresionantes. Encontreime moi ben. En 15 kilómetros saíume a unha media de 4´38 . O kilómetro 16 fíxeno un pouco alto porque estiven esperando por AGUSTIN VILAS i era subindo por onde está o Cengas. Os derradeiros dous kilómetros acabeinos bastante forte. A distancia percorrida foi de 19 km 210 mts. Tempo total de adestramento 01:33:49 minutos. Calorías consumidas 1419.
DIA 28 DECEMBRO ( MARTES )
19 día. Quedei no Campo da Feira con CARLOS, SECHU, CONGUI, PEPE RIAL.... Estivemos trotando uns 20 minutos no Parque e logo fomos facer o circuito da Baquiña, Eroski, Agra de Barro, Paseo Marítimo e volta de novo ó Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 13 km 130 mts. Tempo total de adestramento 01:10 minutos. Calorías consumidas 973. Nos primeiros 35 minutos non tiven boas sensacións. Atopábame tenso. A partires de ese momento solteime e xa era o de sempre.
DIA 30 DECEMBRO ( XOVES )
20 día. Hoxe tiña que facer circuito de costas. Quedei con SEGUN no Campo da Feira. Trotamos uns 10 minutos e marchámonos a facer as costas. Subimos O Couto, baixamos polo Centro de Saude e fomos pola Fonte de San Breixo ata o Couto. Fixemos tres voltas. Para rematar subimos a Avenida da Coruña e a costa de Vista Alegre. Rematamos coma sempre no Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 15 km 250 mts. Tempo total de adestramento 01:22 minutos. Calorias consumidas 1098. Boas sensacións.
DIA 31 DECEMBRO ( VENRES )
21º día. Derradeiro día do ano. Polo tanto había que participar na SAN SILVESTRE DE NOIA. Nun percorrido de 3 km 500 mts xuntámonos sobre 400 participantes. Ó remate o tradicional trote de fin de ano. Esta vez non fomos a PONTENAFONSO senón en dar a volta a Barquiña nun percorrido de 9 km 760 mts. Entre esquecemento, carreira e trote o tempo total de adestramento foi de 01:11 mts. Notábame un pouco canso despóis do esforzo do día anterior. Agora descanso e empezar o día 2 o primeiro adestramento do ano.
!! FELIZ ANO 2011 !!!
DIA 02 XANEIRO ( DOMINGO )
22ºdía. Quedei no CAMPO DA FEIRA con PEDRO ARUFE e CONGUI. Fomos ata o Concello de Outes e voltamos cara Noia. A distancia percorrida foi de 16 km 10 mts. Saíu a unha media de 5´07 minutos/km. Tempo total de adestramento 01:21:53 minutos. Calorías consumidas 1180. Levamos dous Domingos facendo uns trotes moi bos. CONGUI levanos a uns ritmos entre 4´50 e 5´00 minutos/km que son ideais para facer un adestramento de carga e de calidade.
DIA 03 XANEIRO ( LUNS )
23ºdía. O adestramento de hoxe foi espectacular. Coido que estou a facer uns bos adestramentos posto que o que fixemos hoxe foi realmente moi esixente i encontreime demasiado ben. Saímos coma de costumbre do Campo da Feira, MARIO, CARLOS, SECHU, PEPE RIAL, TONO, CONGUI, PANCHO e LIXO. Continuamos cara ORRO, O TELLEIRO e subimos pola igresia de Sta Cristina ata chegar o cementerio. Dende alí baixamos a Ponte e subimos ata o Cuartel da Guardia Civil. Alí demos volta e ascendemos a costa que vai dar a NEUMATICOS TINO en Ousoño. Fomos pola estrada xeral ata o BAR BOTO e collemos a estrada pola esquerda que vai dar a CITROEN. Baixamos pola estrada xeral ata coller uns 200 mts máis abaixo á dereita a " superrampa" que vai dar o BAR CACHEIRO. Dende alí xa fomos dereitos ó Campo da Feira. Estando alí aínda fixen 7 minutos a maiores. Tempo total de adestramento 01:15:50 minutos. Distancia percorrida 14 km 04 mts. Calorías consumidas 1032.
Sensacións moi boas.
DIA 04 XANEIRO ( MARTES )
24º día. Hoxe tiña que facer un adestramento de recuperación. Levaba tres días consecutivos de carga elevada. Saímos do Campo da Feira, MARIO, CARLOS, PEPE RIAL, FRAN MOAS, FARRUCO, TONO CHISPA,LEJARRETA, CONGUI.... Saímos cara o Paseo Marítimo e dende alí fixemos a volta pola Barquiña. A distancia percorrida foi de 15 km 250 mts. Tempo total de adestramento 01:18:01 minutos. Saíu unha media por kilómetro de 5´07 minutos. Calorías consumidas 1121. As sensacións seguen a ser moi boas. Estou collendo un ritmo de trote que me deixa ir moi cómodo.
DIA 06 XANEIRO ( XOVES )
25ºdía. Hoxe tiña que facer un trote entre 50 minutos e unha hora. Ó remate fixen 55 minutos. O percorrido de hoxe foi 20 minutos de esquezemento no Campo da Feira e logo fomos cara a Testal e volta de novo para o Campo da Feira. Hoxe estivemos adestrando CARLOS, MARIO, CONGUI, FRAN MOAS,PEDRO ARUFE, TUCHO e TOÑITO. A distancia percorrida foi de 11 kilómetros. Calorías consumidas 812. Hoxe non tiven boas sensacións. Houbo cena de Reis a noite anterior e non descansei o tempo necesario. Hai días en que é mellor parar a tempo e non sofrir innecesariamente.
DIA 08 XANEIRO ( SABADO )
26º día. Hoxe tiña que facer a primeira tirada larga. Quedei no Campo da Feira con CONGUI e PEPE RIAL. Era un día de auténtico temporal. Facía moito vento e había moitísima choiva. Fomos ata Vilacoba subindo por A Rasa, Ousoño, Sampaio e Lesende. Dende alí baixamos para Noia por Portobravo.A distancia percorrida foi de 21 km 10 mts. Tempo total de adestramento 01:47:45 minutos.; saíndo a media por kilómetro de 5´08. Calorías consumidas 1557.Acabei con unhas sensacións moi boas. De feito o chegar a Noia completei a distancia ata facer 21 km. A pesares de ir bastante rato con un tempo moi desapacible iba en ritmos moi cómodos se temos en conta que os primeiros 8 km son de auténticas subidas.
DIA 09 XANEIRO ( DOMINGO )
27ºdìa. Outro día de trote largo intercalado con subidas bastante pronunciadas. Fun con FARRUCO, PELIS e SEGUN. Saín da miña casa e fomos pola ponte nova de Rivademar ata a rotonda da Praia de Boña. A distancia percorrida foi de 18km 90 mts a un ritmo medio por kilómetro de 5´11. Tempo total de adestramento 01:33:38 minutos. Calorías consumidas 1325. A pesares de facer o día anterior unha tirada larga non notei sintomas de cansanzo. Estou a asimilar ben os adestramentos. A partires de agora empezan as series.
DIA 10 XANEIRO ( LUNS )
28º dia. Outro día de trote suave. Saímos do Campo da Feira unha morea de corredores... CARLOS, MARIO, PEPE RIAL, CONGUI, TONO CHISPA, POLO, PELIS, FONTENLOS, OS DUATLETAS,,,, Fixemos o percorrido habitual da Barquiña e complementando no Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 15 km 200 mts a un ritmo medio por kilómetro de 5´10. Tempo total de adestramento 01:18:35 minutos. Calorías consumidas 1120. Outro día bo de adestramento con boas sensacións.
DIA 11 XANEIRO ( MARTES )
29º día. Despois de tres días consecutivos hoxe tocaba un trote moi suave. Notábame un pouco canso. Por riba case o remate notei unhas moletias no sóleo da perna dereita. Coma de costumbre salimos do Campo da Feira,MARIO, CARLOS, PEPE RIAL, POLO, CONGUI, TONO CHISPA.... e fomos ata o Obre. Dende alí continuamos cara a Ponte de Argalo e rematamos dando a volta as tres pontes. A distancia percorrida foi de 10 km 590 mts a un ritmo medio por kilómetro de 5´11. Tempo total de adestramento 54:54 minutos. Calorías consumidas 781. Hoxe non había para máis. Esperemos que as molestias na perna non vaian a máis. Estamos na parte de adestramento de máis carga en non podo lesionarme. Xa vos contarei... Por certo, mañá teño descanso.
DIA 15 XANEIRO ( SABADO )
30ºdía. Estiven tres días descansando polas molestias que tiña na perna. Hoxe tiña que facer tirada larga. Coma de costumbre saímos do Campo da Feira. Hoxe fun con SEGUN e CONGUI. Acompañáronnos uns 7 kilómetros FARRUCO e PANCHO. O percorrido de hoxe empezou subindo a Peña, Sobreviñas ata o Cruce de Tállara. Dende alí collemos cara Marracín e ó final da recta, xunto a casa lila, xiramos a dereita cara Aldeagrande. Dende alí collemos a estrada que vai a Portobravo. Enfrente da Casa da Cultura de Lousame xiramos a esquerda e fomos por un camiño de terra que nos levaba a estrada que vai a Piscina. Bordeamos a parte de abaixo de Portobravo ata chegar o Bar Blanca. Alí collemos a estrada xeral que ven para Noia. O chegar a San Bernardo torcemos a esquerda para vir pola Corredoira, Santísima Trinidade, Malecóns ata rematar no Campo da Feira. A distancia percorrida foi de 21 km a un ritmo por kilómetro de 5´10. Tempo total de adestramento 01:48:26 minutos. Calorías consumidas 1547. Tiven moi boas sensacións. Estou rematando moi ben os adestramentos. En divervas partes do percorrido notei as molestias na perna. Teño que poñer xeo uns 15 minutos o rematar.
DIA 16 XANEIRO ( DOMINGO )
31ºdía. Quedei con SEGUN para facer un trote moi suave. Fomos ata o Concello de Outes e viñemos de volta. O final fixemos un trote de 16 km 510 mts a un ritmo por kilómetro de 5´09. Calorías consumidas 1215. As sensación son moi boas. Non me noto canso o rematar os adestramentos. Sigo tendo unhas pequenas molestias na perna. Debido ó mal día que fai; pola tarde voille poñer xeo e sesión de Compex.
DIA 17 XANEIRO ( LUNS )
32ºdia. O adestramento de hoxe era de recuperación. Salimos do Campo da Feira unha morea de compañeiros, CARLOS, MARIO, PEPE RIAL, TONO CHISPA, CONGUI, POLO, PEDRO ARUFE, FRAN MOAS, OS DUATLETAS....Fixemos uns vinte minutos no Parque. Saímos cara a Barquiña e demos a volta de novo para o Parque polo Eroski, Agra de Barro e Paseo Marítimo. A distancia percorrida foi de 14 km 840 mts a un ritmo por kilómetro de 5´04. Tempo total de adestramento 01:15:03 minutos. Calorías consumidas 1095. As sensacións son moi boas pero estou tendo medo a romper. Teño unhas molestias no peroneo que non me dan desaparecido. A continuar poñendo xeo e sesión lagar de Compex. A alegría do día foi a volta os adestramentos de INSUA. Esperemos que teña máis continuidade a partir de hoxe.
DIA 18 XANEIRO ( MARTES )
33ºdía. Hoxe fun o ximnasio. Non quería seguir forzando o peroneo. Polo tanto decidín facer 30 minutos na elíptica e 25 minutos en bicicleta estática . Ó remate un pequeno circuito de fortalecemento de cuádriceps y moitos estiramentos. Tempo total de adestramento 01:06 minutos. Pola noite xeo e máquina COMPEX. O Mércores descanso total.
DIA 22 XANEIRO ( SABADO )
34ºdía. Retomaba hoxe os adestramentos tras estar parado tres días. Queríalle dar descanso a lesión que padezo no peroneo. Hoxe tocaba facer a primera tirada superlarga. Quedei con SEGUN e CONGUI. Saímos as 09:30 horas dende TAL - ESTEIRO cara a Noia. Os primeiros kilómetros marchamos a un ritmo un poco baixo porque petaba o ar de frente e facía un frío intensísimo. A partir da Praia de Parameán xa se notaba outra temperatura e xa empezamos a soltarnos. A distancia percorrida foi de 25 kilómetros 701 mts a un ritmo por kilómetro de 4´59. Tempo total de adestramento 02:05:06 minutos. Calorías consumidas 1855. As sensacións foron moi boas a pesares de que notei molestias dende o principio . De feito os últimos kilómetros fíxenos en ritmo ascendente :
Kilómetro 22 : 4´47
Kilómetro 23 : 4´44
Kilómetro 24 : 4´43
Kilómetro 25 : 4´23
A seguir tratando a lesión e continuar con mesmo ritmo de adestramentos. Cada día que pasa atópome mellor.
DIA 24 XANEIRO ( LUNS )
35º día. Coma sempre quedamos no Campo da Feira. Saímos cara A Barquiña polo Paseo Marítimo e volta de novo polo Eroski, Agra de Barro e Paseo. Mentres CARLOS, MARIO, POLO e PEDRO ARUFE, facían cambios de ritmo; outro grupo no que estábamos , PEPE RIAL, TONO CHISPA, BARTOLO, CONGUI, FRAN MOAS ... decidimos non forzar e facer o adestramento de menos a máis. De feito dende a Barquiña ata o final do Paseo viñemos a unha media de 4´32 minutos/kilómetro. A distancia percorrida de hoxe foi de 15 kilómetros 484 metros a un ritmo medio de 5´10. Tempo total de adestramento 01:20 minutos. Calorías consumidas 1108. Hoxe mudei de zapatillas e atopeime mellor das molestias. As sensacións voltaron a ser moi boas. Recupereime moi ben da tirada larga do Sábado.
DIA 25 XANEIRO ( MARTES )
36ºdía. Hoxe atopábame moi ben das molestias físicas. Como era Martes tocaba facer o circuito do Obre, Ponte de Argalo, Sobreviñas, Ponte de San Francisco, San Breixo, San Lázaro e Campo da Feira. Saímos un grupo bastante numeroso e pola Chaínza MARIO, POLO e PANCHO xa empezaron a imponer un ritmo bastante elevado. Eu viña nun grupo un pouco máis rezagado con BARTOLO, PEPE RIAL e TONO CHISPA .. e deixamolos ir. O baixar polo Obre púxose a tirar BARTOLO e empezamos a coller un ritmo moi xeitoso e marcamos os seguintes tempos :
KM 6 : 4´40
KM 7: 4,45
KM 8: 4´32
KM 9: 4´36
KM 10 : 4´23
KM 11 : 4´17
Atopeime moi ben en estes ritmos. O chegar o Parque seguin trotanto ata marcar un tempo total de adestramento de 01:12:54 minutos. Calorías consumidas 1028. Maña Mércores hai descanso.
DIA 27 XANEIRO ( XOVES )
37ºdía. Hoxe tiñamos que facer un adestramento entre 01:20 e unha 01:30. O final fixemos 01:19:33 con unha distancia percorrida de 14 km 990 mts. Hoxe fomos por ORRO, O TELLEIRO, PONTE, OUSOÑO e volta de novo ó Campo da Feira. As sensacións non foron boas. Notei molestias na perna. Non acabei moi contento do adestramento. O domingo é a MEIA MARATONA MANUELA MACHADO en PORTUGAL e téñome que pensar seriamente se vou ir ou non.
POR LESION NON VOLTAREI A ESCRIBIR ATA QUE ME RECUPERE

jueves, 21 de enero de 2010

A MIÑA VIDA COMO FUTBOLISTA

Comecei a facer deporte coma tódolos rapaces cando estaba estudando E.X.B no Colexio de Bergondo. O deporte que se practicaba era fundamentalmente o fútbol . Eu non ía ser menos e decanteime polo balompé. Lémbrome que tiña un profesor que xogara no COMPOSTELA, CARLOS MOAR, que armaba verdadeiros partidos de fútbol nos recreos. El foi quen me indicou que no NOIA S.D. tiña pensado facer unhas probas de acceso. "Case que me obrigou a ir." Eramos un montón de rapaces para face-la proba. Eu no partido que xoguei tiña tantas gañas de agradar, que o mesmo sacaba córnes coma sacaba faltas, saques de banda, etc,etc. Parecía que xogaba só no meu equipo. O adestrador chamárame a atención por ese motivo e xa pensara que non me ía a seleccionar. Non foi así. Fun elexido e nese momento comezaba a miña vida coma xogador federado do NOIA S.D.

O paso polas diferentes categorías aparecerá desglosado por categorías e ilustrado cas súas fotos correspondentes.

ALEVINS

Tempada 79-80-. Foi o ano onde aprendín fundamentalmente aspectos técnicos e tácticos. Tiñamos unhas enormes ganas de aprender. Estaba de adestrador XOAQUIN FERNANDEZ ( o pai de NACHO ). Lémbrome que ese ano había tal cantidade de rapaces no NOIA que fixeran tres equipos para poder competir nunha liga de concellos limítrofes. Os equipos que formaban esa Liga eran o CRUIDO, ATALAYA, PORTOSIN, OUTES e o NOIA A, NOIA B e NOIA C. "Os mellores xogadores do Noia estaban no A". Eu estaba no B. Tiña de compañeiros a ( FRAN, NACHO, BENITO, URRUTI, TONO, PABLO... ). Eramos uns rapaciños que xogábamos moi ben ó futbol pero non tiñamos físico para poder facerlle frente os demáis equipos.
A verdade que este ano naceu unha xeración moi boa de xogadores .
A foto que ilustra esta nova é o NOIA B no estadio de SAN ALBERTO.

INFANTIS 1º ANO


Tempada 80-81. Foi o meu primeiro ano federado. Formamos un gran equipo ( ABEIJON, ABUIN, VILLA, OSCAR, PACO, FRAN... ). Xogábamos na Liga do Barbanza e quedamos campións dunha forma apabullante. De adestrador tiñamos a JOSE MARTINEZ. Metíamos moitísimos goles en cada partido. Lémbrome que ó CARREIRA de Riveira onde xogaban FRAN e XOSE RAMON ( xogadores que anos máis tarde serían pezas claves no DEPORTIVO DA CORUÑA ) metíamoslles verdadeiras palleiras. Este ano sufrira unha das máis decepcións da miña vida deportiva. "Quedáramos eliminados por penaltis co VISTA ALEGRE de Santiago na final da fase de ascenso a Liga Galega".
A foto que ilustra esta nova correspóndese con dito partido xogado no estadio do SOUTO en Padrón.

miércoles, 20 de enero de 2010

INFANTIS 2º ANO



Tempada 81-82. Tivemos un verdadeiro equipazo. ( NACHO, FRAN, SECHU, MANOLO, SUSO, JUANJITO, URRUTI, ...). De adestrador estaba JOSE O GRANDE . Estabamos encadrados no Grupo da Barbanza. Non había ningún equipo que nos fixera fronte. Lémbrome que na fase de campións metémoslle 7 goles ó COMPOSTELA. En ese Compostela o capitán do equipo era LUISITO o actual adestrador do RACING DE FERROL. Chegamos a congregar máis de mil persoas no mítico SAN ALBERTO. A nosa bestia negra era o VISTA ALEGRE de Santiago. Sempre disputábamos as finais perante eles e sempre perdíamos a penaltis. A foto que ilustra esta nova e a eliminatoria de semifinal perante o CALO. Nembargantes o máis positivo dese ano foi a nivel persoal. Quedei de máximo goleador, fun varias veces convocado pola SELECCIÓN DE SANTIAGO e unha vez fun xunto con FRAN a unha convocatoria da SELECCIÓN GALEGA a Coruña. Lémbrome perfectamente que houbera un representante da Coruña, chamado VICO, que lle ofrecera reiteradamente a miña familia a posibilidade de que fora a probar co BARCELONA. Rexeitei tal proposición porque ese representante non tiña moi bo cartel. Comentar que nese intre estaba de director na MASIA Ladislao Kubala. Ó facer tal rexeitamento nunca máis voltei ca SELECCIÓN GALEGA Ese tal VICO tiña negocios con MANOLETE, daquela seleccionador galego de fútbol infantil. -Pura coincidencia-.

XUVENIS



Tempadas 82-83 e 83-84. En xuvenís coincidimos practicamente tódolos xogadores que viñamos de infantís. Tivemos de adestrador a AMERICO e posteriormente a BARREIRO. O primeiro ano estivemos encadrados na Liga da Costa. Era unha liga na que había moitisima dureza, especialmente nos campos de LIRA, CARNOTA e MUROS. A pesares de todo quedáramos primeiros e tras haber unha restructuración pasamos ó ano seguinte a xogar a LIGA GALEGA. Xogamos perante o DEPORTIVO, CALASANCIO, COMPOSTELA... A verdade e que había un nivel moi alto. Baixaban tres equipos e nós fomos un deles. Pagamos duramente a inexperiencia e o escaseo da plantilla. Rematamos de antepenúltimos a un punto da salvación.
A foto que ilustra esta nova e no campo da Sarriana ( Lugo ) nun partido da Liga Galega.
Na tempada 83-84 o primeiro equipo do NOIA S.D estaba na Terceira División. Cheguei a disputar tres partidos con eles. Foron contra o PONTEVEDRA e LALIN en Noia e perante o OURENSE no Couto. Estaba de adestrador GERARDO. En Maio do ano 84 tiven que deixar o fútbol por unha lesión que me tivo apartado varias tempadas.

martes, 19 de enero de 2010

SENIORS



O Noia desaparecera por problemas económicos e no ano 1987 un grupo de xente na que estaban entre outros, PEPE BRENLLA ( D.E.P ) SAYAR, ESTANIS, PEPE RIAL ... voltaron a funda-lo equipo. O positivo deste proxecto era que tódolos xogadores eran de Noia. Estiven ininterrumpidamente dende a tempada 87-88 ata a 97-98. Empezáramos en 2º Rexional e arrasáramos . Chegamos a meter 138 goles. Gañáramos a LIGA e a COPA do SAR dunha forma abrumadora . O servidor deste blog foi quen de marcar na final da Copa do Sar o gol da victoria contra o Cacheiras no MUNICIPAL DE SAN ALBERTO. Gañáramos 1-0.
O ano seguinte en 1º Rexional tamén vencíamos folgadamente. Estes dous anos estiveran de adestradores SEGUNDO MARTINEZ e posteriormente INSUA.
Xogáramos a dous partidos contra o CORCUBION a fase de ascenso a REXIONAL PREFERENTE. En Noia gañáramos 2-0, empatando 1-1 en Corcubión.
Ó tercer ano xa estábamos en REXIONAL PREFERENTE. Empezou o ano adestrando ALFONSO DIEZ e acabou PEPIÑO.
Ese ano fora cando rematáramos de xogar en SAN ALBERTO porque ían a construir un centro educativo. Por certo, quen escribe foi o derradeiro xogador que meteu un gol en SAN ALBERTO. Foi contra a Sarriana. Gañáramos 1-0.
A foto que ilustra esta nova correspóndese con ese partido.
Despóis pasáramos a xogar ó actual estadio de San Lázaro. A pesares de que o primeiro ano rematáramos moi ben, o equipo empezou a desestructurarse. As cousas empezaron a ir mal. Empezouse a traer xogadores de fóra de Noia e non se lles pagaba. No equipo había moi mal ambiente. Desgraciadamente este é un problema habitual nos equipos modestos. Valórase máis a xente de fóra ca xente da casa. "Cabezas privilexiadas as dos dirixentes".
Estivemos varias tempadas seguidas en Rexional Preferente ata que na tempada 90-91 baixamos a primeira rexional por unha alineación indebida dun xogador noso. Estivemos no pozo da primeira rexional ata a tempada 92-93 na que xurdíu a figura de DOMINGO ERVITI.
Con este adestrador ascendemos a REXIONAL PREFERENTE e dende aquela o equipo mantense na mesma categoría. Chegamos a formar un equipo moi forte ( RAMON, MARIÑO, MARIO, CARLOS, PEDROSA, LUIS ALBERTO, TONO, etc, etc, ). Chegamos a xogar unha promoción de ascenso ó quedar cuartos na Liga. Perdéramos perante o CAMBADOS. O fito máis importante foi na tempada 94-95. Quedamos subcampións da COPA DIPUTACION . Eliminamos a equipos coma o IMPERATOR, LARACHA, CERCEDA e RACING DE FERROL. O R. de FERROL cando o apeamos da Copa ía de primeiro no GRUPO 1 da 2ºB. A final xogámo-la en Santa Isabel en Santiago perante o BETANZOS. Íamos empatados 1-1 ata faltando 15 minutos para remata-lo partido. O cansanzo e a inexperiencia foron claves na derrota. O final do partido 4-1 favorable ó BETANZOS.
Continuamos prácticamente os mesmos xogadores varias tempadas. Estar varios anos seguidos as mesmas persoas non é positivo. Provocou un desánimo e un desgaste moi grande en tódolos estamentos ( xogadores, directivos e socios ).
Na tempada 97-98 ABANDONO o NOIA C.F.